Mulleres Rurais Serra de San Mamede
Este blog pretende ser un caderno de Bitácora no que se deixará constancia das actividades realizadas polas mulleres rurais da Serra de San Mamede.
domingo, 5 de febrero de 2012
Fotos do curso 2011 e da excursión a Fátima
Deixovos as fotos do curso de centro de mesa do 2011 e da excurisón a fátima. Aquí tedes as do curso e aquí as de fátima
martes, 4 de octubre de 2011
Reunión anual Mulleres Rurais
A mediados do mes de Setembro tivo lugar unha nova edición da reunión anual da asociación. Como puntos do día aparecían os seguintes:
- Recordatorio de pago da cota anual: a todas aquelas que coma min vos retrasastes no pago recordarvos que podedes efectualo na conta de Caixa Nova da asociación.
- Inicio dun curso de manualidades: Efectuarase o incio do curso de manualidades o día 1 de outubro. Este curso será impartido por Marisol, e nel ensinaranos como decorar unha cesta, unha peneira e ata un cadro. Xa tendes ganas de velo feito verdade???
-Excursión a Fátima: Os días 5 e 6 faremos unha viaxe a Fátima. O custo é de 55 euros con todo incluido, e realizarase se conseguimos moita xente para acompañarnos. Ánimo e a contarllo a todos os vosos amigos!!!!!
-Cea de nadal: Quedou xa posta a data da cea de nadal que será o día 17 de decembro. Ide reservando o día.
Ata aquí todo por hoxe. En breve empezaremos a facer un breve resumo de todas estas actividades, e espero adxuntar tamén algunha que outra foto. Un saudo rapazas

martes, 23 de noviembre de 2010
Datos sobre o blog
Unha vez publicada a primeira entrada no blog quero contarvos que a dereita do blog hai unha zona que pon Links na que pon o enlace a dous sitios. O primeiro pon postres Mari e é un blog persoal meu no que hai recetas de postres. O segundo pon fotos e nel accededes o album de fotos no que están as fotos do curso e no que porei as fotos que saquemos de aquí en adiante. Se alguén ten un blog ou unha páxina persoal que me envíe a dirección e eu porei un enlace a esa páxina dende aquí.
Un saúdo.
Un saúdo.
Curso de manualidades
A finais do mes de Outubro comeza no Multiusos de Maceda o primeiro curso de manualidades para as mulleres rurais da asociación da Serra de San Mamede. O curso ten como finalidade a creación de bandexas e pratos decorados. A técnica era un tanto complexa pero coa axuda da mestra e coa boa vontade de todas as asistentes o resultado foi espectacular. Pese a ter varios problemas de falta de material e de falta de tempo o resultado foi o esperado e todas nos o pasamos en grande entre tanta cor, tanta servilleta e tantos problemas coas tesoiras que parecían ter vida propia e cortaban onde non debían. O resultado: unhas xornadas realmente agradables e unha nova manualidade aprendida. Esperamos que haxa pronto outro curso destes...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)