martes, 23 de noviembre de 2010

Datos sobre o blog

Unha vez publicada a primeira entrada no blog quero contarvos que a dereita do blog hai unha zona que pon Links na que pon o enlace a dous sitios. O primeiro pon postres Mari e é un blog persoal meu no que hai recetas de postres. O segundo pon fotos e nel accededes o album de fotos no que están as fotos do curso e no que porei as fotos que saquemos de aquí en adiante. Se alguén ten un blog ou unha páxina persoal que me envíe a dirección e eu porei un enlace a esa páxina dende aquí.

Un saúdo.

Curso de manualidades

A finais do mes de Outubro comeza no Multiusos de Maceda o primeiro curso de manualidades para as mulleres rurais da asociación da Serra de San Mamede. O curso ten como finalidade a creación de bandexas e pratos decorados. A técnica era un tanto complexa pero coa axuda da mestra e coa boa vontade de todas as asistentes o resultado foi espectacular. Pese a ter varios problemas de falta de material e de falta de tempo o resultado foi o esperado e todas nos o pasamos en grande entre tanta cor, tanta servilleta e tantos problemas coas tesoiras que parecían ter vida propia e cortaban onde non debían. O resultado: unhas xornadas realmente agradables e unha nova manualidade aprendida. Esperamos que haxa pronto outro curso destes...