A mediados do mes de Setembro tivo lugar unha nova edición da reunión anual da asociación. Como puntos do día aparecían os seguintes:
- Recordatorio de pago da cota anual: a todas aquelas que coma min vos retrasastes no pago recordarvos que podedes efectualo na conta de Caixa Nova da asociación.
- Inicio dun curso de manualidades: Efectuarase o incio do curso de manualidades o día 1 de outubro. Este curso será impartido por Marisol, e nel ensinaranos como decorar unha cesta, unha peneira e ata un cadro. Xa tendes ganas de velo feito verdade???
-Excursión a Fátima: Os días 5 e 6 faremos unha viaxe a Fátima. O custo é de 55 euros con todo incluido, e realizarase se conseguimos moita xente para acompañarnos. Ánimo e a contarllo a todos os vosos amigos!!!!!
-Cea de nadal: Quedou xa posta a data da cea de nadal que será o día 17 de decembro. Ide reservando o día.
Ata aquí todo por hoxe. En breve empezaremos a facer un breve resumo de todas estas actividades, e espero adxuntar tamén algunha que outra foto.
Un saudo rapazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario