Unha vez publicada a primeira entrada no blog quero contarvos que a dereita do blog hai unha zona que pon Links na que pon o enlace a dous sitios. O primeiro pon postres Mari e é un blog persoal meu no que hai recetas de postres. O segundo pon fotos e nel accededes o album de fotos no que están as fotos do curso e no que porei as fotos que saquemos de aquí en adiante. Se alguén ten un blog ou unha páxina persoal que me envíe a dirección e eu porei un enlace a esa páxina dende aquí.
Un saúdo.
Este blog pretende ser un caderno de Bitácora no que se deixará constancia das actividades realizadas polas mulleres rurais da Serra de San Mamede.
martes, 23 de noviembre de 2010
Curso de manualidades
A finais do mes de Outubro comeza no Multiusos de Maceda o primeiro curso de manualidades para as mulleres rurais da asociación da Serra de San Mamede. O curso ten como finalidade a creación de bandexas e pratos decorados. A técnica era un tanto complexa pero coa axuda da mestra e coa boa vontade de todas as asistentes o resultado foi espectacular. Pese a ter varios problemas de falta de material e de falta de tempo o resultado foi o esperado e todas nos o pasamos en grande entre tanta cor, tanta servilleta e tantos problemas coas tesoiras que parecían ter vida propia e cortaban onde non debían. O resultado: unhas xornadas realmente agradables e unha nova manualidade aprendida. Esperamos que haxa pronto outro curso destes...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)