martes, 23 de noviembre de 2010

Curso de manualidades

A finais do mes de Outubro comeza no Multiusos de Maceda o primeiro curso de manualidades para as mulleres rurais da asociación da Serra de San Mamede. O curso ten como finalidade a creación de bandexas e pratos decorados. A técnica era un tanto complexa pero coa axuda da mestra e coa boa vontade de todas as asistentes o resultado foi espectacular. Pese a ter varios problemas de falta de material e de falta de tempo o resultado foi o esperado e todas nos o pasamos en grande entre tanta cor, tanta servilleta e tantos problemas coas tesoiras que parecían ter vida propia e cortaban onde non debían. O resultado: unhas xornadas realmente agradables e unha nova manualidade aprendida. Esperamos que haxa pronto outro curso destes...

No hay comentarios: